O muxián Samuel Méndez, á Copa de España Junior de Taekwondo
O noso veciño de Nemiña, Muxía, Samuel Méndez Leis, viaxará a Benidorm coa Selección Galega Junior de Taekwondo para disputar a Copa de España de Taekwondo. Trátase dunha proba puntuable para o Ranking Nacional e Galego, e onde se xuntará os mellores deportistas do Taekwondo nacional.
Será un campionato de altísimo nivel e altísima participación, que non lle mete medo a Samuel, que leva, dende hai tres anos, no Centro Galego de Técnificación Deportiva en Pontevedra. Alí, ademais de adestrar cos mellores adestradores de Galicia, estuda 1º de Bacharelato gracias a unha beca da Secretaría Xeral para o Deporte e a Federación Galega de Taekwondo.
Esta será a segunda competición de Samuel nesta era Covid, xa que o pasado marzo competiu no Cto. Galego Senior sendo aínda Junior. E Samuel, que actualmente milita no Club Escola de Taekwondo Maniotas de Noia, chega con todas as aspiracións pois se atopa nun momento de forma extraordinario, moito máis maduro e asentado no tapiz.