Naira Blanco e Lucía Pazos poñen o kimono da Selección Galega para un torneo internacional en Coimbra

11:48 28/05/21
Despois de triunfar na Copa de España Junior, as deportistas costeiras Naira Blanco e Lucía Pazos (-57), participarán no Torneo Internacional Cadete de Coimbra co kimono da Selección Galega
O sábado tócalle á coristanquesa Naira en categoría -52, e o domingo será o turno da muxiá Lucía en -57kg.
Será un novo paso na prometedora carreira destas dúas deportistas.