Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O ACB Costa da Morte volve ser axudado por Ferroatlántica

O ACB Costa da Morte volve ser axudado por Ferroatlántica

Ferroatlántica asinou un convenio de colaboración co ACB Baloncesto Costa da Morte polo cal, por medio do patrocinio, impulsará aos equipos do club en idade escolar ademais das súas escolas deportivas.

O acordo, rubricado esta mañá polo presidente do club, José Manuel Soto e Carlos Oliete, director de Ferroatlántica, céntrase nos catro equipos das categorías infantil e alevín, tanto masculino como feminino, que pasan a chamarse "Ferroatlántica Baloncesto Base", ademais das 3 escolas deportivas de Cee, Fisterra e Vimianzo. En total suman case 130 nenos.

O presidente, Jose Manuel Soto, e a secretaria do AC Baloncesto Costa da Morte, Fanny Belmonte, mostraron a súa satisfacción e agradecemento ao director de Ferroatlántica, por continuar e mellorar a colaboración xa existente "un gran impulso para conseguir levar a cabo o noso proxecto e que os nenos e nenas da comarca leven unha vida sa practicando un deporte como o baloncesto e por suposto, gozando".

Pola súa banda, Carlos Oliete quixo dar o parabén ao club polo seu importante labor e en especial, felicitalos polos seus últimos logros deportivos entre os que se atopan o primeiro posto na Copa Coruña, categoría infantil feminino; e un importante terceiro posto para a categoría alevín masculino na Liga Provincial".

1ª Copa Ferroatlántica Costa da Morte de Minibasket

Doutra banda, o presidente do club anunciou que o próximo día 5 de xuño levará a cabo no pavillón polideportivo de Cee, a 1ª Copa Ferroatlántica Costa da Morte de Minibasket, torneo dirixido á categoría alevín, no que participarán os equipos integrantes da Liga Comarcal.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa de Ferroatlántica.

Comentarios