Luns. 18.10.2021
El tiempo

O calendario 2019 de visitas da Unidade Móbil do DNI á Costa da Morte

O calendario 2019 de visitas da Unidade Móbil do DNI á Costa da Morte

O concello de Carballo achegará o mobiliario e os equipos necesarios para a posta en marcha da oficina do DNI Dabamos conta onte dos 14.000 trámites que realizou a unidade do DNI de Carballo o pasado ano. Unha cifra que demostra a necesidade de estes servizos, destas infraestruturas para que o noso tempo non dependa da “burrocracia”. Pero non todo a veciñanza da zona pode achegarse ata Carballo, a pesar dese carácter supracomarcal da oficina, por iso é importante estarmos atentos para ver cando ven a unidade móbil polo noso concello.  

Unidade móbil de Santiago

As unidades da Coruña e de Santiago realizan diferentes viaxes ao longo do ano á nosa bisbarra. O pasado ano, de feito, tivemos feitos importantes como a volta do servizo a Zas despois de 10 anos sen facelo. Este ano volverá facelo por triplicado á Unidade da Policía Nacional de Santiago de Compostela. A unidade santiaguesa xa ten o calendario completo para este 2019, e fará paradas en Cee (tamén para os veciños de Corcubión, Dumbría e Fisterra); Mazaricos; Muros (tamén para veciños de Carnota); Santa Comba; e, como dicimos, Zas. Calendario Unidade Mobil DNI Costa da Morte 2019 Calendario Unidade Mobil DNI de Santiago para o 2019

Unidade móbil da Coruña

De xeito paralelo, a Unidade da Coruña visitará a comarca, pero o calendario só o teñen feito ata o mes de xullo. E estas son as visitas:

  • Malpica (tamén para veciños de Cabana e Laxe): 10 e 11 de xaneiro e 1 e 2 de xullo.
  • Cabana (para veciños de Ponteceso): 14, 15 e 16 de xaneiro.
  • Vimianzo (para os de Camariñas): 4, 5, 7 e 8 de febreiro.
  • Muxía: 11 e 12 de febreiro.
  • Coristanco: 12 e 13 de xuño.
  • Ponteceso (para os veciños de Cabana e Laxe): 3, 4 e 5 de xullo.

 

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/a-unidade-do-dni-despachou-mais-de-14-000-dni-e-pasaportes-para-vecins-de-toda-a-bisbarra/ https://quepasanacosta.gal/a-unidade-mobil-do-dni-volveu-a-zas-10-anos-despois/ https://quepasanacosta.gal/calendario-de-visitas-da-unidade-mobil-do-dni-aos-concellos-da-costa-da-morte/

comentarios