O Conco acolle a segunda edición do Cross de Obstáculos Concello de Dumbría
Continúa o Concello de Dumbría artellando eventos deportivos de máximo nivel, que serven ademais de acicate para o sector hostaleiro. Desta volta o circuíto de cross que ten instalado o Concello nas instalacións deportivas do Conco acollerá o II Cross de Obstáculos Concello de Dumbría. A cita é este sábado 18 de xuño, e achegará xente de todas as idades e niveis, co club local do Conco Box como grandes anfitrións.
Os máis peques (de 2006 a 2012) terán un circuito de 1,5km e sairán ás 17:00h. Despois, os maiores terán dous percorridos, un longo de 7,5km (19:30h), e un curto de 3,750 (17:30). Hai 150 prazas para cada categoría (100 para nen@s).
A entrega de medallas será a partir das 20:45h.
Poden facer a inscrición xa, e ata o 15 de xuño, en www.emesports.es. A cota é de 12 euros e inclúe dorsal, chip, camiseta, avituallamento, asistencia médica, duchas, aseos e vestiarios e aparcadoiro.