Venres. 29.03.2024
El tiempo

O tenis de mesa da Costa da Morte continúa consolidándose en Galicia

O tenis de mesa da Costa da Morte continúa consolidándose en Galicia

Catro vitorias e só unha derrota foi o balance desta fin de semana para o tenis de mesa da Costa da Morte. Das vitorias, aínda que todas son importantes, cómpre salientar a conseguida polo Concello de Mazaricos en 3ª División Nacional e ante un rival forte como o é o San Xoan TM de Ferrol. As outras foron do equipo de 1ª Galega AD Zas Construcciones Cernadas en A Coruña e por partida dobre e por un dobre 4-0. Tamén saíron vitoriosos do seu desprazamento ata A Estrada o VTM Pinturas Figueiras.

Segue así a marcha do tenis de mesa da comarca colleitando vitorias e derrotas pero pouco a pouco consolidándose na comunidade Galega e deixando alto o nome da comarca.

2ª División Nacional masculina, grupo 1

  • AD ZAS PONCIANO NIETO - Breogán Oleiros (1-5).

AD Zas Ponciano Nieto, Edu, Brais e Gonchu copia AD Zas Ponciano Nieto, Edu, Brais e Gonchu copia Moi superior o Breogán Oleiros aos do AD Zas Ponciano Nieto, e a pesar de que parecía que Edu Quintela lles podia gañar, so o fixo nun dos partidos. Os outros xogadores foron moi superiores a Brais e Gonchu. Brais segue mostrando boas maneiras pero insuficientes para superar a rivais de nivel, está progresando e chegará a facelo. Gonchu por motivos de traballo non pode entrenar e eso nótase en cada partido que xoga. Edu Quintela tamén terá que entrenar para que os rivais non o superen, pois parece que necesita xogar moitos sets para coller o ritmo dos partidos. Agora mesmo o equipo AD Zas Ponciano Nieto ocupa postos de descenso e terá que buscar remedios para a segunda volta para sair deles.

3ª División Nacional masculina, grupo norte

  • CONCELLO MAZARICOS – San Xoán TM (4-3).

Importantisima a vitoria conseguida polo Concello de Mazaricos ante un dos rivais fortes do grupo e que xa leva moitos anos nesta División, excepcional actuación dos xogadores mazaricanos entrenados por Miguel Rey que como xa é habitual gañou os 3 partidos nos que xogou, no dobre xunto a un explendido Alex, Se todos xogaron moi ben entre eles sobre saiu Javi Rodríguez gañando o partido que lles dou a vitoria e fixoo nun cuarto set non apto para cardiácos pois superou a Ton Casal por 18-16, que encheu de ledicia aos seus compañeiros que viron así recompensada unha boa maña de domingo no pavillón de A Picota. Agora o Concello de Mazaricos ocupa asexta praza empado a puntos con outros tres equipos, unha vitoria mais e xa se meterá no medio da taboa con tranquilidade.

1ª División Galega, grupo centro

  • CTM Coruña A-AD ZAS Construcciones CERNADAS (0 4).
  • CTM Coruña B-AD ZAS Construcciones CERNADAS (0-4).

O equipo AD Zas Construcciones Cernadas, Ana, Miriam e Luis copia O equipo AD Zas Construcciones Cernadas, Ana, Miriam e Luis copia

Contundentes as vitorias conseguidas polo AD Zas Construcciones Cernadas en A Coruña ante as veteranas do CTM Coruña, pois a pesar de que Ana e Luis cederon algún set viuse que eran moi superiores e que non terian problemas para gañar os seus partidos.AS xogagadoras de Zas non teñen compasión dos ou das rivasi esta tempada. Con estas duas vitorias o AD Zas Construcciones Cernadas segue na parte alta da clasificación.

2ª División Galega grupo centro

  • RC A Estrada – VTM P. FIGUEIRAS (1-4).

Outra vitoria mais dos vimianceses en A Estrada e seguen dando alegrias aos seus incondicionais e a pesar de que o seu obsectivo e formarse para lograr o ascenso en próximas temporadas este teñeno moi cerca pois estan na parte alta da clasificación e sen facer moito ruido, pouco a pouco van gañando partidos dando así froito aos entrenamentos que fan aparte das clases recibidas na escola municipal de tenis de mesa.

Vindeira cita

Para esta ponte Edu Quintela, Miguel Rey eBrais Blanco participarán no torneo de Vilalba. O resto descansarán da competición, pero non dos entrenos. Para eso organizouse unha serie de partidos amistosos no ximnasio do CPI de Zas o venres dia 7 de decembro de 17 a 20 horas entre todos os que queiran achegarse ata Zas. Se a alguén lle gusta o ping pong ou tenis de mesa ten unha oportunidade de medirse aos xogadores da comarca. Grazas Stevo. Na serie de fotos aparecen os equipos de AD Zas Ponciano Nieto e AD Zas Construcciones Cernadas así como momentos de algún dos partidos

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/o-tenis-de-mesa-costeiro-faise-forte-na-casa-en-zas/ O Pavillón de Zas acollerá esta fin de semana unha completa xornada de tenis de mesa de primeiro nivel “O Pavillón de Zas acollerá esta fin de semana unha completa xornada de tenis de mesa de primeiro nivel” — Que pasa na costa “Moitas expectativas e poucas vitorias para a fin de semana do tenis de mesa costeiro” — Que pasa na costa “O tenis de mesa costeiro demostrou o seu potencia na Estrada pero quedou ás portas do campionato Estatal” — Que pasa na costa

Comentarios