Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O pádel solidario volve a Carballo para axudar a nen@s enfermos de cancro

Padel Solidario en Carballo
O pádel solidario volve a Carballo para axudar a nen@s enfermos de cancro

Miclub Pádel trae de novo a Carballo un evento solidario gracias á colaboración municipal. Trátase da 7ª edición do torneo solidario Pádel Concello de Carballo, que servirá para colaborar coa Asociación de Axuda a Nenos Oncolóxicos de Galicia (Asanog). Desenvolverase dende o venres 3 e até o domingo 12 de decembro e xuntará fondos para mellorar a calidade de vida dos nen@s do país que sofren cancro.

Durante a presentación os representantes de Asanog explicaron como é o traballo de apoip ás familias con nenas e nenos que teñen estadías prolongadas en hospitais por mor do cancro, nomeadamente no Hospital Clínico Universitario de Santiago, CHUS, que é o centro de referencia en transplantes de medula.

Presentacion Padel Solidario en Carballo
Na presentación estiveron a técnica de Asanog, Mercedes Fernández; o presidente de Miclub Pádel Manuel Pallas; o Concelleiro de Cultura e Deporte Marcos Trigo; a Concelleira de Igualdade, Benestar e Sanidade Maica Ures, e o Presidente de Asanog, Chema Fernández.

Inscrición

A cota de inscrición é de 18€ e inclúe a participación e un paquete de benvida cunha camiseta e unha rifa para participar nun sorteo de agasallos. As persoas interesadas poden inscribirse até o 30 de novembro ás 22.00 h. a través de mistorneosonline.es e tamén a través dos teléfonos 981 732 954 e 619 688 822.

E ademais, para quen queiran colaborar con esta boa causa, tamén é posible realizar doazóns a través dunha Fila Cero na conta de La Caixa: ES61 2100 1453 2102 0025 9900.

Comentarios