Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Pedro Castro estrea a nova temporada de rally en Mazaricos

PRESENTACION COCHE RALLY PSP PEDRO PICHIN 2022
Pedro Castro estrea a nova temporada de rally en Mazaricos

A semana pasada o Campionato Galego de Rallyes vivía unha primeira e espectacular velada no Rally da Coruña, coa fermosa loita entre Iván Ares e Víctor Senra. O dumbriés segue a ser un dos grandes favoritos dun circuito no que volverán estar algúns dos pilotos da Costa da Morte que levan competindo nos últimos anos.

É o Caso de Pedro Castro, “Pichín”, que vai facer a presentación do seu equipo SPS Competición. A cita será este venres 25 de marzo ás 20:30h no Recinto feiral da Picota, Mazaricos. Haberá churrasco e música.

Este ano volve contar con Álvaro Vila como copiloto no Mitsubishi Evo 9, e ten pensado empezar no Rally de Noia. Non empezaron na Coruña pero dado que só hai unha semana polo medio, quixeron asegurar a súa presencia no rally da casa, que vén con tramos en Mazaricos, Outes... "Este ano saímos fóra da Copa, porque é complicada, e malia que o noso coche é competitivo este ano saen os N5 e se levan pilotos puntueiros é difícil collelos", explícanos Pedro.

En calquera caso, "o obxectivo é estar entre os 10 primeiros. Non vai ser fácil, pero creo que o ano pasado acabamos con ritmo e este ano creo que podemos conseguilo, a pesar de que non está nada fácil, pois publicidades que tiñas este ano non poden... Normal coa que nos cae a todos..."

Comentarios