Mércores. 23.10.2024
El tiempo

Ponteceso presenta o I Trofeo Federación de Aire Libre "Costa da Morte"

Presentacion do Trofeo Costa da Morte de Tiro con Arco de Ponteceso
Ponteceso presenta o I Trofeo Federación de Aire Libre "Costa da Morte"

Presentou esta fin de semana o I Trofeo Federación de Aire Libre "Costa da Morte" de tiro con arco, acollido no Concello de Ponteceso. O club Flechas por un Tubo será o organizador deste evento singular, coa colaboración do Concello, Deputación e Federación, que traerá arredor de 150 tiradores de toda Galicia. 

A cita será os vindeiros 6 e. de xullo no Pinguel.

Trofeo Costa da Morte de Tiro con Arco de Ponteceso

Co obxectivo de dar a coñecer este deporte na comarca, e dado que o club xa conta con campións galegos, o club ten a intención de que se quede no Concello en Ponteceso para moitos anos.

O evento rematou cun detalle municipal a Alan, como actual campión galego da súa categoría.

Comentarios