Xoves. 10.10.2024
El tiempo

A praia de Soesto acolle esta fin de semana o Campionato Galego de Surf

CARTEL Galego CAMPIONATO DE SURF Soesto 2023
A praia de Soesto acolle esta fin de semana o Campionato Galego de Surf

Laxe converterase ao longo desta fin de semana na capital do surf galego, coa disputa do Campionato Galego de Surf este sábado, 30 de setembro, e este domingo, 1 de outubro. A praia de Soesto será a sede desta competición, que tivo que se adiada en agosto polo tempo.

Durante o sábado e o domingo disputaranse as competicións nas categorías Clubs, Kids e Xuvenil. Kids inclúe sub – 12 mixto, sub – 12 masculino e feminino e sub – 14 masculino e feminino. Pola súa banda Xuvenil inclúe as categorías sub – 16 masculino e feminino, sub – 18 masculino e feminino e sub – 21 masculino e feminino.

Ao longo desta tarde de xoves, 28 de setembro, publicaranse os horarios provisionais de cada unha das probas na páxina web da Federación Galega de Surf e nas súas redes sociais.

Comentarios