Sábado. 25.06.2022
El tiempo

Prata para o CP Conxuro A Laracha no Campìonato Galego de patinaxe artística

Show Segunda_Cp Conxuro prata
Prata para o CP Conxuro A Laracha no Campìonato Galego de patinaxe artística

Grandes novas para a familia larachesa do CP Conxuro. Esta pasada semana acodía ao Carballiño para participar no Campionato Galego de patinaxe artística Grupos Show. E as bergantiñás volvían máis que satisfeitas coa medalla de prata.

O CP Conxuro A Laracha co seu grupo da modalidade Grupos Grandes representou o programa titulado RAICES, grupo conformado por 17 patinadoras do club: Ainhoa Cotelo, Antía Cotelo, Lola Freire, Uxía Freire, Paula Rey, Lola Collazo, Xulia Arán, Patricia Rios, Daniela Regueira, Lucía López, Uxía Lema, Iria Boza, Lidia Varela, Fatima López, Marta Andrade, Andrea Aldao, Inés Remuiñán.<(/p>

O grupo dirixido pola súa adestradora Ana Martínez e coreógrafa Marta Claro, abrían a competición da categoría de grupos grandes e acadaba finalmente o segundo posto no podium xunto co CPA Gondomar (gondomar -Vigo) e CP Ourela (Ourense) que conseguían o oro e o bronce respectivamente.

comentarios