Xoves. 25.04.2024
El tiempo

A Regata Rías Altas deixou a súa impronta en Malpica

Regata Rias Altas chegando a Malpica
A Regata Rías Altas deixou a súa impronta en Malpica

Fermoso espectáculo do deporte da vela o que se vivíu na tarde de onte en Malpica. O “Mirfak”, o 40 piés da Comisión Naval de Regatas de Ferrol, patroneado por Diego López, entrou no porto de Malpica de Bergantiños ás 18.56 horas da tarde. Era o primeiro barco que o facía en tempo real na primeira etapa da 49 Regata “Rías Altas”, que tivo a saída pasadas as dúas da tarde desde A Coruña. 

O barco da Armada encabeza tamén a clasificación provisional en ORC 1, seguido do “Urbapaz”, de Fran Edreira (Náutico de Cabanas) e do “Eleko Mambo”, do mesmo Club e patroneado por Carlos Sampedro. 

En ORC 2 o “Golfiño” de Jose Naya (Náutico Ría de Ares, encabeza a lista do día, mentres que en ORC 2 Víctor Carrión co “Bon 3” (Punta Lagoa) é o primeiro. “A María”, de Carolina Martínez, ocupa a segunda praza; terceiro é o “RaygrasIII”, de Ton Núñez (Carrumeiro) e cuarto, “Sadamar-Alma do Mar”, de Nito Enríquez, do Náutico de Cabanas.  

Pilar doldan na regata
Pilar Doldán entregando premios

Os participantes da XLIX Regata Rías Altas foron recibidos pola concelleira de Promoción Económica Pilar Doldán e pola concelleira de Deportes Noelia Freijeiro.  Despois da recepción as concelleiras entregaron os respectivos premios ós deportistas das tres categorías.  

Noelia Freijeiro na regata Rias Altas
Noelia Freijeiro facendo entrega dos trofeos

A segunda etapa Malpica de Bergantiños-Ferrol, con 23 millas de percorrido, sae hoxe venres ás 12.00 horas do porto de Malpica.  
 

Paella no porto de Malpica para a Regata Rias Altas
Paella no porto de Malpica para os participantes da Regata Rias Altas

Comentarios