mércores. 30.04.2025
El tiempo

O Salvamento de Carballo, Laracha e Santa Comba triunfan no Campionato de España

Salvamento Santa Comba
Salvamento Santa Comba
O Salvamento de Carballo, Laracha e Santa Comba triunfan no Campionato de España

Espectacular o potencial que ten a nosa comarca na disciplina de Salvamento e Socorrismo. E comprobámolo esta semana con medallas e mellores marcas a nivel autonómico e estatal, de 3 dos equipos da zona.

O equipo infantil do Club Natación Santa Comba, prata estatal

A primeira nova chega do equipo infantil do Club Natación Santa Comba. O equipo adestrado por Javier López Basanta e formado por Pedro Negreira, Víctor Fernández, Mikael Muñoz e Yago Pazos, trouxeron da localidade valencianade Bétera a medalla de prata no campionato de España. 

A formación competiu na proba 4x50 relevo con aletas combinado infantil masculino, onde os representantes no campionato de España se fixeron co segundo posto. Ademais batiron o récord galego desta proba cun tempo de 01’45”93 e así volver a batir o seu propio récord.

Nos demais relevos, Víctor, Pedro, Mikael e Samuel Miguel tamén conseguiron un meritorio cuarto posto en 4x25 remolque maniquí e un quinto posto en 4x50 obstáculos.

O Club SAL Laracha 

SHAILA, SIMÓN, PEDRO E SERGIO ENTRENADOR-SAL LARACHA
Shaila, Simón, Pedro e o adestrador Sergio do Club SAL

O Club de Salvamento Laracha subliña o éxito dos seus deportistas no Campionato de España de Salvamento e Socorrismo infantil e cadete celebrado os días 12 e 13 de abril en Bétera-Valencia , destacando o elevado nivel de esixencia e preparación.

Tres socorristas do club, Shaila Rodríguez Rodríguez, Pedro Caamaño Verdía e Simón Caamaño Verdía, obtiveron resultados sobresaíntes.

Pedro Caamaño Verdía acadou Medalla de Plata e Novo récord galego nos 100 m remolque con aletas, cun tempo de 00:57.92 frente ao anterior de 00:59.01. Sumou ademais a Medalla de bronce e Novo récord galego nos 50 m remolque maniquí, superando o seu propio récord galego con 00:34.33 frente ao anterior tempo 00:34.85.
Simón Caamaño Verdía levou a Medalla de bronce nos 100 metros socorrista, cun fantástico tempo de 1:01.89.
Shaila Rodríguez Rodríguez acadou o 11º posto na proba de 200 supersocorrista, superando a súa marca
persoal.

Club SYSCA

Salvamento Sysca Carballo
As xuvenís femininas do Sysca gañan un ouro e a bronce no Campionato de España

O Club Sysca participou esta fin de semana no Campionato de España das categorías infantil e cadete, celebrada na Piscina Cuberta de Bétera (Valencia). O equipo carballés estivo representada o sábado e o domingo polas cativas Julia García, Noelia Fernández, Suri Traba, e Laura Rodríguez, acompañados polo seu adestrador, David Orgeira.

Os resultados máis notables chegaron nos relevos. Xulia, Noelia, Suri e Laura subiron ao máis alto do podio na 4x50 metros natación con aletas, mentres que nos 4x50 metros combinados remataron terzos. Nas dúas probas, os carballeses marcaron un novo récord. autónomo.

Xa pensan nos Campionatos de España Xuvenil, Júnior e Absoluto, que se celebrarán en Torrevieja (Alacante), do 2 ao 4 de maio.

Comentarios