Santi Soneira, primeiro galego en sumar unha prata na División de Arco Desnudo Sénior
Volvía viaxar o noso arqueiro Santi Soneira ata Valencia para desputar, no antigo cauce do río Turia en Valencia, o Campionato de España na modalidade Tradicional e Desnudo, na Division de Arco Desnudo Senior. E menudo nivel o do deportista do A.G. Su A Agra, chegando nada menos ata a final, na que nada puido facer ante un dos mellores arqueiros de Europa, César Vera Bringa.
En todo caso, o baiés trouxo unha medalla de prata que o convirte no primeiro galego nesta modalidade en acadar unha medalla a nivel nacional.
Soneira quedaba 7º nas roldas de clasificación; 10º nos Dezaseisavos, e 2º en Cuartos. A partir desta rolda os enfrontamentos xa serían directos. Ao arqueiro tocáballe medirse contra Manuel Rodríguez Montoro nunha frecha de desempate. Nas semis tivo que enfrontarse a Alejandro Cabello de Cataluña, e Soneira tivo que remontar para gañar no set de desempate.
Tocaba pelexar o ouro contra o actual Campeón do mundo en na modalidade 3d Cesar Vera Bringas.Nas primeiras tres frechas poríase por diante o balear 2-0, nas seguintes frechas empataban a puntos co cal o marcador poñíase 3-1 para Cesar, nas seguinte rolda 5-1 e na definitava 7-1 a favor de Cesar.
Outos galegos
Os resultados dos outros representantes galegos foron os seguintes na tarde do sábado na ronda clasificatoria Alberto Villarroel non lograba pasar o corte o acabar en 38° posición e Pedro Castro pasaba o corte pero na eliminatoria de 1/16 non lograba pasar a seguinte rolda. Sergio Alonso Peitieiros acabou 12° na clasificación, na eliminatoria de 1/16 lograba a 2° e disputar o domingo pola mañan os 1/8 pasando en 6° lugar a xogar as eliminatorias de 1/4 onde caería no enfontamento directo contra o catalán Manuel Alejandro Cabello por un 4-6.No video na hora 4:30:54 podedes volver a ver a final disputada polo arqueiro do costeiro
Novas relacionadas
https://quepasanacosta.gal/santi-soneira-volveu-ao-podio-do-campionato-galego-de-tiro-con-arco/Novas relacionadas
- Abril 18: Santi Soneira volve subir ao podio no Campionato Galego de Tiro con Arco.
- Marzo 2017: Santi Soneira participou no Campionato de España de Arco Tradicional e Desnudo.
- Maio 2016: Santi Soneira arrasa no tiro con arco galego.
- Xaneiro 2015: O baiés Santi Soneira, Campión Galego de Tiro con Arco.
Máis novas
- Xuño 2017: O clube Dousxsetenta trae varias medallas do campionato galego de tiro con arco ao aire libre.
- Xaneiro 2017: Dous campións e unha boa manda de peque-arqueiros soneiráns no Campionato Galego de Sala de Tiro con Arco.
Artigos relacionados
Fonte
- Redacción QPC ([email protected])