domingo. 08.12.2024
El tiempo

Santi Soneira faise cun bronce nos Campionatos de España de Tiro con Arco

Santi soneira bronce en Valdepenas Tiro con Arco
Santi Soneira faise cun bronce nos Campionatos de España de Tiro con Arco

Volveu ao “ruedo” Santi Soneira. O arqueiro baiés participou xa neste comezo de 2024 en dúas probas de alto nivel. A fin de semana do 20 de xaneiro asistíu ao segunda vez ao torneo internacional Arco de Nimes (Francia), mentres que a última de xaneiro participaba no Campionato de España 3D en pista cuberta.

En Francia, nunha proba de altísimo nivel, Soneira meteuse entre os 50 mellores arqueiros de toda Europa, e xa ten gañas de volver o ano que vén.

Pero a gran xesta do deportista de Su A Agra foi no campionato estatal, onde conseguiu medalla. Soneira remataba a primeira fase no posto 11 de 39, pero nas roldas foi un vendabal. superou en dezaseisavos a Fran Tirado, en Oitavos a Simeón Cortes e en Cuartos a Albaro Aresti, nun patido de infarto que o costeiro gañou por un só punto (50-49).

En semis, Soneira non puido con Juanjo Ibañez del Saz que finalmente sería o gañador da medalla de ouro. Foi unha semifinical moi igualada en con algo de polémica, deixando fóra da final ao noso representante.

Xa na loita polo bronce, Soneira enfrontaríase ao arqueiro de Castela e León Ricardo García Lavilla, e nun final de infarto Santi consegue a medalla por 37-35.

Santi Soneira en Valdepenas

Campionatos de España na Sala de Tiro ao Blanco

O sábado tiña lugar outra proba, o Campionatos de España na Sala de Tiro ao Blanco. Pero Soneira sufriu a calor da calefación e o cansanzo. Prudencio Castillo superou a Soneira, por milímetros, nos dezaseisavos, poñendo punto e final á participación do soneirán nos campionbatos estatais.

OVAS RELACIONADAS

 

Comentarios