SYSCA e SAL repártense os títulos do Campionato Galego Júnior e Absoluto
Celebrouse esta pasada fin de semana en Ouresen o XXXII Campionato Galego Júnior e Absoluto – II Open Absoluto. E alí acodían os dous equipos bergantiñán con nutridas expedicións.
Tanto o Club Salvamento y Socorrismo Carballo (SYSCA) como o Club Salvamento Acuático Laracha (SAL) confirmáronse como dúas das grandes potencias de Galicia. O equipo carballés fíxose co seu quinto campionato galego absoluto consecutivo; mentres que os laracheses acadaron o subcampionato galego en categoría Júnior, alcanzando o 5º posto en Absoluto.
Ambos clubs valoran o formato Open, que permite que os deportistas de categoría júnior accederan ás probas de nivel absoluto, medíndose coa elite galega sen importar a idade.
Título absoluto para Carballo

O Club Sysca proclamouse campión galego absoluto esta fin de semana na piscina Rosario Dueñas, en Ourense. Por quinta edición consecutiva o conxunto carballés subiuse ao máis alto do podio, o que lle permite consolidarse como o mellor club de Galicia na categoría. A expedición carballesa, conformada por 32 deportistas, mostrou un gran nivel tanto o sábado como o domingo para finalmente terminar superando na clasificación xeral ao Club Umia e ao CNS A Estrada, segundo e terceiro, respectivamente, sendo 5º o SAL.
A nivel individual, un dos nomes propios da fin de semana foi o de Álvaro Lavandeira, quen sumou dous ouros, nos 200 metros obstáculos e 200 metros supersocorrista, e dúas pratas, nos 100 metros combinada e 50 metros remolque maniquí. Ademais, na proba de 200 metros supersocorrista estableceu un novo récord galego. O mesmo fixo Joel García, no seu caso nos 100 metros socorrista, ao que engadiu unha medalla de ouro nos 100 metros remolque de maniquí con aletas. Pola súa parte, Raquel Suárez logrou dúas pratas, tanto nos 100 metros socorrista como nos 50 metros remolque de maniquí, mentres que Sara Puñal fíxose coa prata nos 100 metros Combinada e co bronce nos 200 metros supersocorrista. Tamén subiu ao podio. Carla Mourelle, a cal terminou en segunda posición os 200 metros obstáculos.
Na categoría absoluta destacaron tanto Andrea Goimil, con dous ouros, nos 50 metros remolque de maniquí e 100 metros combinada, e un bronce nos 100 metros remolque manequín con aletas, como Gabriel Rodríguez, gañador dos 100 metros socorrista e 100 metros remolque de maniquí con aletas, con récord autonómico incluído nesta última proba. Tamén Paula Ferradás fíxose cunha medalla de bronce, no seu caso nos 100 metros combinados.
En canto aos relevos, as medallas tamén se sucederon para os carballeses. Las mozas júnior conseguiron dous ouros, unha prata e un bronce, mentres que os mozos Conseguiron dúas pratas. Pola súa banda, as mozas absolutas impuxéronse en tres dos relevos disputados, mentres que os mozos finalizaron o campionato con dúas pratas. Ademais, tanto o relevo júnior como o absoluto dos carballeses proclamáronse Campións galegos no 4x50 socorrista mixto.
Subcampionato Junior para A Laracha

O Club Salvamento Acuático Laracha (SAL) asinou unha actuación memorable, situándose como o segundo mellor equipo de Galicia en categoría Júnior e acadou un meritorio quinto posto na clasificación xeral Absoluta.
O club acadou postos de podio e Top 10 nunha gran variedade de probas, destacando o equilibrio entre todos os seus nadadores: Lucía Añón Sánchez foi campioa galega 🥇 en 50m remolque de maniquí júnior, e sumou catro pratas (200m supersocorrista júnior e absoluto, 100m socorrista júnior e 100m remolque con aletas júnior) e tres bronces (50m remolque maniquí absoluto, 100m aletas júnior e 100m combinada júnior).
Luis Negreira Mariño, foi peza clave do equipo, logrando dúas medallas de prata individuais (100m aletas maniquí júnior e 100m socorrista júnior) e un bronce en 100m remolque con aletas júnior.
Iria Barreiro Matos acadou o subcampionato en 100m remolque de maniquí con aletas tanto en categoría júnior como na absoluta.
Juan Martín Rodríguez Lafuente alzouse co ouro no 100m socorrista júnior e o bronce no 50m remolque de maniquí júnior.
O SAL tamén celebrou a prata en relevo de corda de Miguel Salorio Campi e o 7º posto de Gabriela Paulos García en 200m supersocorrista júnior, xunto ao gran traballo de Pedro Caamaño Verdía, Sofía Mata López e Shaila Rodríguez Rodríguez.
En equipos conseguiron un ouro en 4x50 relevo combinado Júnior feminino; pratas en Relevo socorrista mixto júnior, relevo feminino 4x25 remolque maniquí e 4x50 obstáculos; e en homes en 4x25 remolque maniquí júnior e no relevo de corda (Pedro Caamaño e Miguel Salorio); e dous Bronce do equipo júnior masculino en 4x50 combinado e 4x50 obstáculos.
O SAL pecha este Open como o 2º mellor club de Galicia en Júnior feminina e Absoluta feminina, mentres que os mozos asinaron o 3º posto en Júnior masculina e o 5º na absoluta.
Vindeiras citas
Tras a disputa deste campionato galego, para algúns dos deportistas xa só queda por diante a cita máis importante da tempada de piscina. Trátase do Campionato de España xuvenil, júnior e absoluto, que terá lugar en Castellón de la Plana do venres 17 ao domingo 19 de abril.