Xoves. 12.12.2019
El tiempo

O tenis de mesa é un deporte que xogan 3 contra 3 e… gañan os rivais costeiros

O AD Zas O Pinar, á esquerda, sumou unha das vitorais da semana ante o Arteal Promesas
O AD Zas O Pinar, á esquerda, sumou unha das vitorais da semana ante o Arteal Promesas
O tenis de mesa é un deporte que xogan 3 contra 3 e… gañan os rivais costeiros

Partidos intensos e moi disputados os celebrados esta pasada fin de semana tanto en Zas coma en Vimianzo. Todos os equipos do tenis mesa costeiro xogaron como locais, dando como resultado só dúas vitorias, as dúas na 1ª División Galega. Nas outras categorías dase a impresión de que se pode gañar calquer partido e dispútase ata o final, pero normalmente gañan os rivais…

3ª División Nacional masculina

AD Zas  Ponciano Nieto - Arteal Ventanas copia
AD Zas Ponciano Nieto - Arteal Ventanas

  • Resultado: AD Zas Ponciano Nieto - Arteal Ventanas (2-4).
  • Resultado: Concello de Mazaricos - CTM Coruña (2-4).

Concello Mazaricos - CTM Coruña copia
Concello Mazaricos - CTM Coruña

Empezaron moi ben os dous encontros para os equipos locais, gañando os dous primeiros partidos e xogando moi ben todos os xogadores, despois no terceiro partido xa se vía que non ía ser doado gañar e quedaba o partido de dobres que se antoxaba crucial de cara a vitoria final, canto se estaba xogando daba a impresión de que era o partido definitivo, como si se dixera, "o que gañe o dobre, gaña o encontro”. E así foi, os equipos locais cederon 2-3 e despois non foron capaces de reaccionar e os rivais aproveitaron ese resquicio moral para gañar os dous partidos seguintes e levarse así a vitoria dos encontros. Comentan todos que esta temporada o grupo é moi igualado e eso comprobase cada xornada.

1ª División Galega

  • Resultado: AD Zas Dimobel Bazar Baio - EMALCSA Grumico A (5-2).
  • Resultado: VTM Pinturas Figueiras - CTM Coruña A (4-3).

AD Zas Dimobel Bazar Baio - EMALCSA Grumico A copia
AD Zas Dimobel Bazar Baio - EMALCSA Grumico A

Por fin unha vitoria do AD Zas Dimobel Bazar Baio, claro que ante o colista do grupo, pero unha vitoria moi necesitada e non foi con moi bo xogo. Se noutros días José A. Pazos estivo moi ben desta vez non foi así, e perdeu contra Santiago Brandariz, pero Victor Mendez non se deixou sorprender e Matteo Yang fixo o seu punto.

Outro caso foi o do VTM Pinturas Figueiras que, como dicimos cada semana parece que non é quen de gañar, pero faino e gaña partidos, como se fixesen a máxima de "partido a partido, e” gañándoo, Desta vez todos gañaron partidos e foi Brais Touriñán, recuperado da súa lesión, o que gañando os dous, incluido o definitivo dou a vitoria aos vimianceses que siguen na zona alta. Todo un éxito para un equipo recén ascendido. Pode parecer que baixou o nivel do grupo pero están moitos equipos de vello aí e eles están por arriba.

2ª División Galega

  • Resultado: AD Zas O Pinar - Arteal Promesas (2-5).

O Arteal Promesas é un equipo que sempre se lle atraganta ao AD Zas O Pinar, xogue quen xogue, pois non parece capaz de quitarse ese peso de encima. Son deses equipos que non sabes moi ben por que pero sempre che gañan. O positivo foi ver xogando moi ben a Laura Garcia e a compenetración nos dobres con Lara. O negativo, ver as présas por facer puntos fáciles pero que necesitan un ou dous golpes máis. Este é un deporte moi rápido pero que necesita moita calma.

Vindeira cita

Para a vindeira semana son os Campionatos Nacionais, clasificatorios para o Estatal, e dos costeiros só acode Brais Blanco na categoría sub 23.

Comentarios