Luns. 18.11.2019
El tiempo

O Trail Costa da Morte, a experiencia deportivo-turística máis esixente, xa está en marcha

Así arrincou o Grand Trail Costa da Morte 2019
Así arrincou o Grand Trail Costa da Morte 2019
O Trail Costa da Morte, a experiencia deportivo-turística máis esixente, xa está en marcha

Arrincou unha das probas máis esixentes da Costa da Morte, pero que ao mesmo tempo conta cunha vertente turística moi acentuada. O Trail Costa da Morte (antes era Ultra agora é Grand) arrincaba este domingo en Caión, con máis participantes que o ano pasado (a pesar de que o temporal polo sur do estado impediu a presencia de varios corredores), entre eles 3 galegos, un elenco de competidores provén de diversos puntos do estado español, ademais de dous corredores portugueses e unha rusa.

Saida do Gran Trail Costa da Morte 2019
Participantes no Grand Trail 2019

A partir das 9:00h do pasado sábado os competidores xa comezaban a sufrir e disfrutar a dureza e a beleza de zonas como a praia de Razo, a das Torradas ou a enseada dos Muíños… Un total de vinte e nove quilómetros, pola máis ampla variedade de superficies: asfalto, pizarra, terra e area. Porén, era esta unha das etapas de menor dificultade. Unha primeira toma de contacto co que virá nos vindeiros días.

Os máis rápidos foron os galegos: Pablo Miragaya (03h 11m 57s), Jose Santín (3h 17m 21s) e Juan Sanjorge (3h 17m 24s).

E a outra parte chega ao remate da carreira, xa que o Grand Trrail Costa da Morte, ademais de ser un evento deportivo, procura crear unha conexión dos visitantes co territorio. Quere ser unha experiencia turística diferente, que favoreza a promoción da zona.

O domingo era tempo da etapa, Malpica - Ponteceso, polo Camiño dos Faros. Unha xornada rompepernas de 46 km. cun sol bastante impactante, que mesmo provocou indisposición de Jose Santín. O corredor pontevedrés finalizou a etapa envolto nunha manta térmica e precisou a asistencia da ambulancia que se atopaba na meta.

O sol e os toxos foron os grandes inimigos dos corredores, dando conta da necesidade de que as administracións limpen os sendeiros do noso tesouro natural, ese Camiño dos Faros abertos pola cidadanía pero que necesita das entidades públicas para medrar.

Á chegada a Ponteceso, foron recibidos coa sesión vermú da Barquiña. O primeiro era Pablo  Miragaya, cunha marca de 6 horas e 57 minutos. Media hora despois, cruzaban a liña de meta,  simultaneamente e da man, Montse Pereira, Javier Jiménez e Milton Rodrigues. 

Chegando a meta
O luns proseguirán polo Camiño dos Faros, ata Laxe, na que será a terceira e última etapa para  os participantes da modalidade de 100 km. Polo de agora os mellores tempos na categoría de  3 etapas son para Pablo Miragaya como participante individual, e Jose Santín e Juan Sanjorge  como parella.

Outra imaxe do Grand Trail Costa da Morte

Novas relacionadas

Comentarios