O V Torneo Concello Malpica e IV Memorial Ángel Rubio repartirá 800 euros en premios
Os amantes do xadrez teñen unha cita en Malpica o próximo sábado 8 de outubro. O Pavillón Municipal da vila acollerá ás 16.00h o V Torneo Concello Malpica (IV Memorial Ángel rubio) organizado polo Club Xadrez Arteixo en colaboración coa Deputación da Coruña, a Olería de Buño e Frutas Fondo S.L.
O Concello de Malpica patrocina este evento deportivo que será válido para o IV Circuíto Intercomarcal de xadrez rápido Deputación da Coruña e tamén para o ELO FIDE de xadrez rápido.
Segundo o número de xogadores que participen haberá entre 7 e 8 rondas de 10 minutos cada unha e un incremento de 3” por cada xogada. En total repartiranse uns 800€ en premios. Poden obter máis información sobre as bases do torneo na web pokeryajedrez.com.
Aquelas persoas interesadas poden inscribirse chamando ao 617 23 43 93 ou enviando un correo electrónico a [email protected]. O prazo para solicitar praza remata o venres 7 de outubro.