Víctor Senra tamén gaña o Rali de Noia

Non para Víctor Senra. O dumbrié, copilotado nesta ocasión por Néstor Casal, foi o vencedor do Rali
Berberecho de Noia, terceira proba puntuable do Campionato Xunta de Galicia de Rallyes.
Os costeiros, aos mandos do Citroën C3 WRC, non deron opción a ningún dos seus rivais nunha calurosa carreira. O segundo posto da clasificación xeral do rali e primeiro do Supercampionato R5 Pirelli Recalvi foi para Alberto Meira e Avelino Martínez, que no Skoda Fabia R5 acadou a terceira vitoria neste formato en outras tantas probas celebradas.
Houbo máis participación costeira, e por exemplo, Javi Lariño Waldomar e Francisco Piñeiro, co seu Citroen C2 GT quedaron no 17º.
Non puideron rematar a cabeza nin o sénior dos Senra, Manuel Senra, nin o mazaricán Javier Ramos Grille, nin o carnotán Anxo Lariño Waldomar, que tiveron que retirarse
Vindeira cita
A próxima proba do Campionato Xunta de Galicia de Rallyes será na provincia de Lugo con motivo do Rallye Mariña Lucense no mes de maio.