Xoves. 11.08.2022
El tiempo

O Volei Praia toma os areais do Ézaro e Razo

Volei Praia no Ezaro
Imaxe do Circuito de Volei Praia base no Ézaro
O Volei Praia toma os areais do Ézaro e Razo

Arrincou o mes de xullo e o Volei Praia xa pasa a ser protagonista nos nosos areais. A praia do Ézaro, que non parará a finais de agosto, acollía xa esta pasada o Circuito Galego de Vólei Praia de Categorías Inferiores de Concello de Dumbría. Ducias de familias de todo o país ateigaron a hostalería da zona e disfrutaron dunha contorna ideal para o disfrute deste deporte.

Xa podedes ver os resultados

O Circuito de base terá outra proba importante o 6 e 7 de agosto na praia de Malpica.

Volei en Razo

Razo volei_praia 2022
Presentación da campaña de verán en Razo

Xa está instalada a rede de volei na zona da explanada da praia de Razo, acompañada cun completo programa durante todo o verán, gracias ao Concello e á Asociación Deportiva e Cultural Voleipraia Costa da Morte.

As pistas estarán dispoñibles para o público de luns a venres, 16.00 a 20.00 horas, ata o 31 de agosto, e ademais volven as escolas de volei para todas as idades, de 17.00 a 18.00 horas. E, ademais, os días 23 e 24 de xullo disputarase unha nova edición, a número 14, do Torneo Foliada, onde, ademais do campionato, haberá música, xogos e sorpresas.

Toda a info e inscricións, en www.facebook.com/volei.razo e no teléfono 606 400 858.

comentarios