Mércores. 04.08.2021
El tiempo

Xiana Lago, Campiona Galega Absoluta de disco e subcampiona en peso con 17 anos

Xiana Lago Campiona Galega de Disco
Xiana Lago cas dúas medallas
Xiana Lago, Campiona Galega Absoluta de disco e subcampiona en peso con 17 anos

Espectacular como está o atletismo ceense. Se Elian Numa quedaba Campión Galego Absoluto en 800 metros con apenas 21 anos, a súa veciña Xiana Lago o emulaba, con doble alegría. A nova atleta, con tan só 17 anos (naceu o 13/05/2004) vén de conseguir dúas medallas este domingo en no LXXVIII Campionato de Galicia Absoluto celebrado en Vigo.

Quedou nada menos que Campiona Galega Absoluta en lanzamento de disco (con 40.09 metros, mellorando ademais a súa marca en 2 metros), e Subcampiona Galega en peso.

Non remata aquí a tempada para ela, pois a semana que vén participará no Campionato de España sub18 no que competirá nas dúas modalidades (peso e disco).

Novas relacionadas

comentarios