Xiana Lago, Campiona Galega Absoluta de disco e subcampiona en peso con 17 anos
00:14 19/07/21
Espectacular como está o atletismo ceense. Se Elian Numa quedaba Campión Galego Absoluto en 800 metros con apenas 21 anos, a súa veciña Xiana Lago o emulaba, con doble alegría. A nova atleta, con tan só 17 anos (naceu o 13/05/2004) vén de conseguir dúas medallas este domingo en no LXXVIII Campionato de Galicia Absoluto celebrado en Vigo.
Quedou nada menos que Campiona Galega Absoluta en lanzamento de disco (con 40.09 metros, mellorando ademais a súa marca en 2 metros), e Subcampiona Galega en peso.
Non remata aquí a tempada para ela, pois a semana que vén participará no Campionato de España sub18 no que competirá nas dúas modalidades (peso e disco).
Novas relacionadas
- 17-07-21: Elian Numa quedaba Campión Galego Absoluto en 800 metros.
- Xuño 21: Xiana Lago bate o seu propio récord de lanzamento de peso sub18.
- Marzo 20: Xiana Lago, subcampiona de España sub18 de peso; e Elian Numa campeón galego absoluto de 1500.
- Marzo 2020: Xiana Andrade marca un novo récord galego en peso.
- 11-02-2020: Xiana Lago xa ten a mínima para o Campionato de España en pista cuberta.