O Xiria Calvo Carballo xa compite na Liga Galega de xadrez
O obxetivo sería a permanencia pero será moi difícil de acadar xa que os equipos participantes teñen todos xogadores de moi bo nivel, ademáis esta competición se xoga a 6 tableiros ,en vez de 4 como o resto de categorías, o que dificulta aún mais os
encontros, será a primeira vez que o equipo de Carballo milita na máxima categoría galega medíndose os millores equipos Galegos, a disfrutar da experiencia e tratar de dar a sorpresa.
Mentres, o club xadrez Xiria Calvo Carballo B xogará no grupo B de 3ª división, será liga de 8 equipos a 1 volta entre equipos de Coruña mais Carballo e Náutico de Camariñas, nesta categoría o equipo tratará de acadar o ascenso a 2ª división.
A entidade quere agradecer a Fundación Luis Calvo o apoio un ano mais o clube, e anuncia que espera facer no verán a V edición do Aberto de Carballo clásico, na primavera o torneo das letras galegas e de cara o final de ano torneo de nadal.