Sábado. 04.05.2024
El tiempo

100 Megas para o IES Ponteceso

100 Megas para o IES Ponteceso
100 Megas de conexión no IES Ponteceso

Quen nolos dera aos que traballamos ca rede noutras zonas da bisbarra. Pero a chegada do operador galego R e a súa fibra óptica a Ponteceso permite que o IES poida ter unha conexión de 100 Mg de velocidade no marco do Plan de Banda Larga da Xunta. que impulsa a Axencia para a Modernización Tecnolóxica.

A mellora destas infraestruturas de telecomunicación posibilita, ademais do incremento da velocidade de conexión, o acceso simultáneo dun maior número de usuarios e a posibilidade de traballar cun maior número de aplicacións informáticas.
Con esta actuación búscase dotar tanto ás cidades como ao rural da mellor conectividade posible, e de colocar á comunidade educativa na vangarda do progreso, con proxectos como o ABALAR para integrar as TIC no sistema educativo.

Veremos se os centros de Cee, Corcubión e Fisterra, por onde R está instalándose tamén teñen a sorte de adherirse, i é que unha boa conexión é xa toda unha necesidade para un centro de ensino.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios