9 bandas encherán de música a máxica praia de Valarés
Música e natureza mestúranse en Valarés coma en poucos lugares do mundo. O Festival V de Valarés reunirá 9 bandas este sábado 17 de agosto de 2013 na praia pontecesá, nunha das citas musicais máis esixentes do verán costeiro. I é que se de algo presume o VdeValarés, ademais da súa exuberante natureza, é do gusto á hora de elixir as bandas.
Un festival pequeno, humilde, pero xa "pon un lugar de 3 casas no panorama musical nacional”, como nos recordaba o ano pasado un dos seus promotores, Adrián Varela.
Este ano son varias as novidades, como a creación de dous escenarios (SON Estrella Galicia e Seagram’s), a ampliación dos horarios de concertos con sesión vermú incluida, e varias actividades paralelas que cubrirán o día da fin de semana, como o curso de fotografía con Javier Rosa.
A natureza
Como dicimos o piñeiral da praia de Valarés é protagonista. I é que 6.000 m² de acampada, coa sombra senporsen dos piñeiros, non ten comparación. Este ano, iso si, a acampada virá acompañada da entrada ao festival.
Horario de vermú
Fantástica a proposta de meter concertos á hora do vermú. Co que gusta na zona as sesión vermí verbeneiras, se veñen acompadas de boa música, aínda serán máis agradecidas. Teremos a partir das 14:30 o concerto de The Bright, con Sandrita Dinamita poñendo algo de zapatilla de seguido. E xa practicamente non parará a úsica ata ás 7:00h da mañá...
EcoValarés
Unha das cousas que caracterizan ao Colectivo ConVdeValares, sentímosnos/é o coidado do seu entorno natural. E non é para menos tal e onde nos atopamos. O caso é que ademais de promover un uso responsable do piñeiral e da praia, animar á recoller e separar o lixo, promover plantación de novos piñeiros, a publicación das campañas en papel reciclado... promoven, un ano máis o Eco-VBus.
Así, durante o sábado, haberá un bus dende Ponteceso á praia de Valarés cada hora dende ás 10:00h ata ás 20:00h. E para voltar a Ponteceso, o domingo de 10:00h a 13:00h poderedes utilizar o bus, e así deixar o coche en Ponteceso e evitar problemas de aparcamento.
Venta de Entradas
Segundo nos informan dende a organización, esta mañá de xoves 15 de agosto, ás 12:00h, pecha a venta de entradas a 10€ online a través de tiketea, se ben en taquilla custarán 15€.
Máis información
- convdevalares.com.
- Facebook do Festival V de Valarés.
- Axenda Sonora da Costa da Morte.
- axendacostadamorte.com.
Novas relacionadas
- Valarés colle aire para un festival natural.
- 2012: A chuvia empapou a música.
- Entrevista con Adrián VdeValarés: “Poñemos un lugar de 3 casas no panorama musical nacional”.
- 2010: As guitarras tomaron Valarés.
Novas festivaleiras
Por vivir:- A Furna do Osmo vivirá unha máxica Noite dos Encantos.
- A Anchoa celebra en galego 15 anos de Folk na Fin do Camiño.
- 9 grupazos para celebrar os #10anosdemusica no Castelo Rock.
- O Festival V de Valarés quenta motores con artistas confirmados.
- 30 anos de folk e festa na Carballeira de Zas.
- Razo vivíu unha fin de semana de surf e pop.
- O Asalto cumplíu a maioría de idade e segue medrando.
Outras novas festexeiras
- Verbena galega, outro xeito de facer festa con música do país.
- A música ghalegha daghora está “On the road”.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).