A Anchoa celebra en galego 15 anos de Folk na Fin do Camiño


Xa temos cartel para XV da Festa Folk na Fin do Camiño. Unha data especial esta dos 15 anos para toda a xenta da A.C. Anchoa de Fisterra, que espera este 17 de agosto como a cita máis importante do ano. I é que non é para menos. Falamos dunha das citas folqueiras máis importantes do verán galego, nunha zona na que comparte protagonismo coa poderosa "Festa da Carballeira de Zas" que terá lugar este mesmo sábado 3 de agosto.
Polo simbólico lugar de Fisterra chegarán bandas galegas de diversión asegurada. Así celebra o aniversario a xente da Anchoa, en galego e en clave de festa. Estimaba que viñeras, Os Tres Trebóns, A Compañía do Ruido e Chotokoeu.
Non só música
Pero ademais, no campo da festa e a partir das 13:00 comeza a troula con degustación de produtos galegos, e o pasarrúas dos Campantes da Baña. A partir das 17:00h ademais os nenos estarán ocupados cos inchables e os xovos populares. E ollo que non faltará a Queimada popular.
Pero boa música
Estes son os Tres Trebóns, a golpe de acordeón con Xurxo Souto como cabeza de turco:
Aquí vos deixamos un vídeo dos bravos da Barbanza A Compañía do Ruído, xente de caña:
E aquí os Chotokoeu no Reperkusión 2012:
Máis información
- Facebook da Festa Folk na Fin do Camiño.
- Axenda Sonora da Costa da Morte.
- Axenda Costa da Morte.
- Axenda festivaleira do verán 2013 na Costa da Morte.
Novas relacionadas
- Festa Folk 2012: E a chuVia empapou a música.
- Festa Folk 2011: A Anchoa sacou os cen pés a bailar.
- Festa Folk 2010: A mellor música folk do país invadíu a fin do mundo.
- 2010: Máis de 30 bandas teñen pasado pola Anchoa: 11 anos traendo o mellor folk do país á Fin do Mundo.
Novas festivaleiras
Por vivir:
- A Festa da Carballeira cumple 30 anos recibindo aos grandes nomes do folk mundial.
- 9 grupazos para celebrar os #10anosdemusica no Castelo Rock.
- O Festival V de Valarés quenta motores con artistas confirmados.
Xa vividos:
Outras novas festexeiras
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).