A Furna do Osmo vivirá unha máxica Noite dos Encantos


O Festival máis fermoso, máis simbólico da Axenda Sonora da Costa da Morte xa ten data. Unha desas citas que nunca se sabe se será verdade ou non, e que cando aparece, faino coa maxia que desprende o lugar das actuacións.
Falamos da "Noite dos Encantos na Furna", que terá lugar este sábado 10 de agosto de 2013 na Furna da praia do Osmo, en Corme.
Xa son 14 anos nos que a música e as boas enerxías tópanse neste escenario privilexado. 14 anos dunha festa, dunha noite noite de encantos, mais non dun festival. A furna é muito máis que un festival; é un punto de encontro para as xentes que seguen crendo que a cultura non é un negocio.
Falamos dunha festa na cal gracias ó traballo de muita xente anónima fan posible o soño de crear espazos ceibes nos cales desfrutar dun ocio saludable demostrando que co traballo e esforzo desinteresado o futuro desta festa única na nosa comarca e en Galicia está asegurado.
Moito máis que música, pero moita e boa música
De cantas foliadas, aquelarres, amoríos, soños, sorrisas... foron testigos estas pedras que dan forma á furna. Dos Encantos xa temos falado en clave de lenda, pero para esta noite cambiamos almas por guitarras para disfrutar de boa música nun marco incomparable. As mareas son as que mandan, i é que a Furna só é accesible con marea baixa.
Ao longo da tarde xa haberá cousas que ver pero os concertos comezarán as 21:00h. Os Folkólicos, Bitxo Bola, Furnier&Noé, Kaso Aparte, Chotokoeu, Mars Attacks e Stylo Bastardo porán a música. A maxia, xa vai de seu.

Descrición das bandas
- Assircopatas: Comezará a noite de encantos cun espectáculo humorístico de malabares que encheran a furna de boa enerxía e gargalladas.
- Stylo Bastardo: Estilo bailable. Cando un grupo punk se torna hip-hop por instantes, un decatase de que está a escoitar algo fresco. Esta banda de xoven traxectoria xa ten demostrado en pouco tempo que aínda se pode reiventar o punk. A orixe do grupo atopase en Compostela. Con todo, está formado por xente de distintos puntos xeográficos da península ibérica.
- Mars Ataccks: Benvidas á nave do misterio. Estes marciáns acaban de aterrar, e de seguro invadirán Corme coa súa fusión de blues, hip-hop, jazz e sons ultraterrestres.
- Folkólicos: Os Folkólicos non precisan presentación porque son sen dúbida algunha o grupo insignia deste festival. Estes coruñeses levan anos animando a furna coa súa mestizase de folk e rumba.
- Furnier&Noé: Estes dous referentes do hip-hop underground galego, ambos membros do mítico colectivo HipHopAteneu xuntanse nunha minixira que culmina nesta edición da Noite de encantos na furna. No seu concerto agardamos cancións dos seus proxectos en solitario fundidas nunha mesma actuación.
- Kaso Aparte: Todo un clásico do anarko-punk. Esta formación lucense ten unha gran bagaxe nos escenarios, dende o 2002 como "Redimir al redentor" e xa dende 2005 como "Kaso Aparte". Contan cun disco no seu haber "Bienvenidos a la realidad" (2007).
- Chotokoeu: grupazo coruñés que busca trasmitir alegría e festa aló onde viaxan, cunha música que baila a través do ska, swin, funk, balcan...Tras 6 anos de muitos concertos e traballo chegan á furna para presentar o seu novo disco.
- Bitxobola: cantautor fenicio cun repertorio da música máis descarada, qie nesta edicion sorprenderá cos seus novos temas cargados de rebeldía e retranca.
Máis información
- Axenda Sonora da Costa da Morte.
- Axenda Costa da Morte.
- Axenda festivaleira do verán 2013 na Costa da Morte.
Novas relacionadas
- Unha bisbarra con Encantos.
- 2008: Noite de encanto, furna luminosa.
- Recunchos da Costa: Furna do Osmo.
Novas festivaleiras
Por vivir:- A Anchoa celebra en galego 15 anos de Folk na Fin do Camiño.
- A Festa da Carballeira cumple 30 anos recibindo aos grandes nomes do folk mundial.
- 9 grupazos para celebrar os #10anosdemusica no Castelo Rock.
- O Festival V de Valarés quenta motores con artistas confirmados.
Outras novas festexeiras
- Verbena galega, outro xeito de facer festa con música do país.
- A música ghalegha daghora está “On the road”.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).