mércores. 14.05.2025
El tiempo

Valarés colle aire para un festival natural

Valarés colle aire para un festival natural
A natureza e protagonista en Valares

Prepárase Valarés para a súa anual coa música indie. E se ben esta fin de semana os festivaleiros teñen cita na fermosa Noite dos Encantos da Furna do Osmo, a vindeira fin de semana moveranse, xa coa rotonda con B en circulación, un par de praias máis ao sur para celebrar o Festival V de Valarés.

Encantada está a organización co ritmo de venta de entradas, e con todos os apoios que están recibindo. Ademais, trala mala sorte do ano pasado, cando a chuvia empapou a música, varios dos grupos que non puideron tocar estarán de volta. É o caso de Fuel Fandango, que tivo que parar en plena treboada e que este 2013 volve a Valarés como o único concerto en Galicia.

#GanasdeValarés

Personalidades con Ganas de Valares

Entre todos os apoios, compre destacar os que estamos a ver a través das rrss numerosas personalidades envían ao Festival a súa foto co xesto de V de Valarés, que xa trascende ao de V de vitoria.

Boa música e impactante Natureza

A acampada no piñeiral de Valarés é una auténtico luxo

Sabe a organización que a natureza é un dos platos fortes do festival. A paraxe de Valarés convirte o festival nun encontro privilexiado, no que a fin de semana será completa.
"10 bandas x 10€ con acampada incluida. A verdade é que a cousa promete.

A fotografía tamén será protagonista

Masterclass de fotografia con Javier Rosa

Javier Rosa, un dos fotógrafos de festivais e eventos musicais máis recoñecido a nivel nacional impartirá unha Masterclass durante os días, 16 e 17 de agosto. Nestas clases coñecerás técnicas, procesados, ferramentas.... en definitiva terás nas túas mans a posibilidade de descubrir e consolidarte en fotografía de escea xa que incluirá clases teóricas e prácticas

Se estás interesado, envíanos un correo electrónico cos teus datos a masterclass@convdevalares.com e enviarémosche información sobre o prezo e programa do curso.

Horarios do festival

Horarios do Festival Con V de Valares 2013

máis información

Novas relacionadas

Novas festivaleiras

Por vivir: Xa vividos:

Outras novas festexeiras

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios