venres. 08.11.2024
El tiempo

A Costa da Morte vístese con “Piel de salitre”

A Costa da Morte vístese con “Piel de salitre”
A novela Piel de Salitre será presentada na Tenda dos Libros de Ponteceso

Un novo libro centra a súa trama na nosa salgada bisbarra. "Piel de Salitre", a nova novela do autor coruñés Luís Mariñas, desenvólvese en Sorte, unha vila mariñeira da Costa da Morte, que os lectores identifican coa vila de Corme. Nela cóntanse as peripecias de personaxes, en moitos casos reais, que viven soportando as inclemencias propias duna vila portuaria.

Para saber un pouco máis como naceu "Piel de salitre", o seu autor estará facendo a presentación na libraría A Tenda dos Libros de Ponteceso, este venres 26 ás 20:00h. Mariñas estará acompañado de representantes da editorial coruñesa Espacio Cultura.

A novela fica na Costa da Morte pero as vivencias, os personaxes e as historias pódense transportar a outros portos de pescadores de calquera lugar do mundo. Unha entrañable historia na que os sufrimentos dunhas vidas sometidas a dureza dunha profesión tan antiga como o home se transforma nun canto a esperanza.

Máis información

Novas relacionadas

Máis novas sobre libros

Fonte

Comentarios