Venres. 29.03.2024
El tiempo

Camariñas celebra o Día do Libro Infantil coa presentación dun libro inspirado no Faro Vilán

Camariñas celebra o Día do Libro Infantil coa presentación dun libro inspirado no Faro Vilán

Co gallo do Día Internacional do Libro Infantil a Concellería de Cultura do Concello de Camariñas organiza a presentación do libro “A Gaivota e o Faro”, un conto baseado no “Dereito á Pertenza” da pedagoxía de Bert Hellinger e inspirado no Faro Vilán. O acto realizarase na Biblioteca Municipal de Camariñas, o venres 1 de abril, ás 19:00h. Durante a presentación realizaranse xogos e actividades cos nenos.

Serie de contos

O presente conto é o terceiro título editado por Sieteleguas Ediciones S.L. sobre a pedagoxía sistémica de Bert Hellinger. A súa autora é María José Lozano Lorenzo e as ilustracións son obra de Jorge del Corral.

A autora, María José Lozano Lorenzo que desenvolve a súa profesión na Sanidade Pública de Galicia, enfocando a parte Clínica do Traballo Social con pacientes neurolóxicos e outros, cedeu os seus dereitos de autor, correspondentes a este conto, a “Xuntos”, asociación que ten como obxectivo tratar de lograr a plena integración das persoas con Síndrome de Down, en tódolos ámbitos e entornas da súa vida familiar, escolar, social e laboral.

Sinopse

“Gota é unha gaivota cun gran corazón. Vive co seu amigo Faro nunha costa mariñeira onde o vento azouta tan forte cando hai tempestade, que periga a vida dos mariñeiros. Os dous comparten un momento especial cando a Gaivota Tara lles conta a súa emocionante aventura”.
Deste xeito e coa lectura da mensaxe de Aino Pervik dirixida a tódolos nenos do mundo a Biblioteca Municipal de Camariñas súmase á iniciativa de GÁLIX e OEPLI na celebración do Día do Libro Infantil.

Día do libro

Tódolos anos, o 2 de abril, o IBBY (Internacional Board on Books for Young People) celebra o DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL, co fin de conmemorar o nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen. Cada ano é un país membro dista Organización Internacional o encargado de editar o cartel enunciador e a mensaxe dirixida aos nenos. Para o 2011, a sección de Estonia, distribúe o cartel de Jüri Mildeberg e de Jüri J. Dubov. A mensaxe é de Aino Pervik.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da Biblioteca de Camariñas.

Comentarios