Xoves. 28.03.2024
El tiempo

A mocidade de Ponteceso Rec.Apacita sobre a Violencia de Xénero con spots audiovisuais

A mocidade de Ponteceso Rec.Apacita sobre a Violencia de Xénero con spots audiovisuais

Aí tendes o spot pola igualdalde que os alumnos do IES Ponteceso veñen de realizar co gallo do Día Internacional Contra a Violencia de Xénero a través do programa Rec.apacita. Un programa cultural artellado dende o Departamento de servicios sociais do Concello de Ponteceso que trata de sacar o mellor dos rapaces en materia audiovisual falando dun problema moi concreto, moi real.

O acto de presentación do vídeo, ao que acodiron máis dun cento de persoas para ver os tan esperados spots, estivo presidido polo Concelleiro de Servizos Sociais Óscar Manuel Rey Calo, polo director Manuel Varela Domínguez, pola traballadora social Rosario Canosa Martínez, pola educadora familiar Dolores Blanco Verdía e por Marta Sanz Lorenzo, educadora social de SENES.

As creadoras e creadores deste material audiovisual dirixidos pola empresa SENES CIT, foron as seguintes: Lorenzo Amado Dourado, Nerea Carabel Rodríguez,, Sheila Cousillas Amado, Miguel Estramil Costa, Sergio Fariña Corral, Irene Freijeiro Mato, Alejandro González Janeiro, Tamara Lamas Iglesias, Alicia Martínez Gómez, Adela Moreira Nogueira, Leticia Recarey Pérez, María Isaura Rivera García, Verónica Rodríguez Pérez, Estela Suárez Gómez, Noemí Suárez Martín, Melani Velo Castro, Yara Castro Ortega, Tamara Cores Pena, Paula Pombo Pérez, Tania García Vidal, Yessica Pena Caamaño.

Máis actividades polas escolas

Nos vindeiros días continuarán con accións formativas noutros colexios do Concello. O pasado luns comezaron a actividade Conto Contigo, destinada a elaborar un libro sobre igualdade por parte dos alumnos de primaria do CEIP Eduardo Pondal de Ponteceso.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da man de Óscar M. Rey Calo, Concelleiro de Cultura, Servizos Sociais e Normalización Lingüística.

Comentarios