martes. 07.07.2026
El tiempo

Un alegato á "nación cormelá" por un quilo de patacas da Ourada

Presentacion de Travesia de Suso Lista na Ribeira em Corme
A presentación realizouse na Ribeira
Un alegato á "nación cormelá" por un quilo de patacas da Ourada

Emocionante presentación a vivida este pasado sábado na Ribeira, en Corme. Nunha agarimosa tarde Suso Lista presentaba “Travesía” dicións Embora], a obra que completa o ciclo de elementos que abriu con Salseiros (2014) (auga), e seguiu con Xeixos (2015) (terra) e Charamuscas (2017) (lume). “Travesía é o peor vento que hai ademais, o nor-noroeste”, explica o autor.

SUso Lista con Xose Manuel Varela e Oscar Rey Calo
Suso Lista con Xose Manuel Varela e Oscar Rey Calo

Lista estivo arroupado por Xosé Manuel Varela e Óscar Rey Calo, que loubaron o traballo e a capacidade de contar historias dun dos veciños máis ilustres do corme actual. “Travesía é unha obra clave para entendernos como pobo. É un agasallo inmortal para a literatura galega, que pon o foco na nosa esencia e na nosa identidade colectiva”, relatou Rey Calo. O mestre agradeceu o alegato en favor da “nosa pequena nación cormelá” e a capacidade “dun home cheo de ideas, construtor de novas realidades e dono dun fluxo de conciencia constante”.

Lembraron tamén lembrou que no libro hai Pondal, Cunqueiro ou Ferrín, pero dende o ton desenfadado deste contador.

O remate foi aínda máis emocionante, cando Silverstre, un dos produtores das patacas da Ourada, unhas patacas pontecesás que aparecen ben destacadas no libro, regalou un quilo das súas patacas por cada libro comprado.

O libro xa está dispoñible en Embora e na maioría das librarías do país.

OUTROS ARTIGOS DE SUSO LISTA

Novas sobre Suso Lista

Comentarios