A necesaria rotonda de Valarés estará lista en xuño
08:00 07/02/12
Este verán os bañistas e festivaleiros de Valarés terán accesos viarios novos. E menos mal porque esa curva de 180 graos que une a estrada cara Corme e a praia é de traca.
Así, Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas está a concluír a redacción do proxecto de construción da Rotonda de Valarés, no Concello de Ponteceso, co fin de podes licitar as obra no mes de xuño deste ano.
A rotonda estará situada no punto quilométrico 1+550 da estrada Ponteceso-Corme (AC- 424), na intersección que da acceso á praia de Valarés.
Actualmente, existe unha intersección sen carrís de espera, unha ordenación que dificulta a incorporación dos vehículos, e unha curva de radio reducida, que se traduce nun risco de accidentes elevado.
Novas relacionadas
- Máis de 100 alumn@s aprenden informática en Ponteceso.
- O PSOE pontecesán esixe o remate das obras da Avda. Eduardo Pondal.
Fonte
- Nota de prensa da Xunta.