Xoves. 02.05.2024
El tiempo

A Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños presenta unha guía para voltar ao rural

A Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños presenta unha guía para voltar ao rural
presentacion guia descenso enerx

O domingo 16 de Novembro ás 11:00h, no Local social de Corcoesto (escola de Cures), a Plataforma pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños presentará publicamente a “Guía para o descenso enerxético”, pensando nunha Galicia pospetróleo da Asociación Véspera de Nada, baixo a denominación: “Volta ao rural: Cómo sobrevivir ao fin da era da abundancia?”

A presentación da mesma correrá a cargo de Xoán R. Doldán, natural de Ponteceso, profesor de Economía Aplicada da USC, coautor da guía e presidente da Asociación Véspera de Nada.

Na mesma abórdase que a civilización industrial afronta o seu colapso a causa da queda irreversible da súa base enerxética principal: o petróleo. Non hai enerxía que poida substituír o petróleo a tempo e na escala precisa para seguir termando da sociedade de consumo capitalista. Galiza, despois dun proceso recente e incompleto de industrialización, atópase con que ese modelo económico e social está a deixar de ser viable, e debe volver de novo a súa ollada ao rural para buscar a súa única riqueza real.

Esta Guía presenta unha explicación das transformacións sociais que xa están en marcha e que van supoñer a fin da Era da Abundancia e do Crecemento, ao tempo que ofrece un amplo conxunto de recomendacións acerca do que podemos ir mudando cada galega e cada galego nos terreos da nosa economía, do consumo enerxético, do transporte, da alimentación, da saúde, da vivenda e da educación para non só sobrevivirmos ao colapso do petróleo senón para construírmos unha Galiza que teña un futuro mellor despois do petróleo.

Fonte

Comentarios