venres. 31.07.2026
El tiempo

O Concello de Ponteceso adquire as parcelas para os aparcadoiros do parque de Bouzas

FOTO PONTECESO- Aparcadoiro 4
O Concello de Ponteceso adquire as parcelas para os aparcadoiros do parque de Bouzas

Xa son aparcamentos dende hai anos, pero a non titularidade pública dos terreos impedía adecentalos. O alcalde de Ponteceso, José Manuel Mato, vén de dar un paso fundamental tras desbloquear unha demanda histórica da veciñanza: a adquisición de varias parcelas fronte ao parque Bouzas para a creación de novos aparcadoiros. O Concello formalizou, esta semana, a adquisición destes terreos, unha operación que se pechou en 65.107,50 euros tras chegarse a acordo coas familias.

Mato explica que este acordo é froito do traballo realizado desde o Concello, "pero tamén da boa disposición das familias Couto-Torrado, Torrado-Rellán e Valdés, ás que quero agradecer a súa colaboración para facer realidade un proxecto de grande interese xeral e relevancia para Ponteceso".

Alcalde de Ponteceso comprando os terreos do aparcamento

Coa compra dos terreos finiquitada, o Concello centrarase agora en xerar os créditos suficientes para executar as obras á maior brevidade. En total,
habilitaranse 30.000 metros cadrados en pleno núcleo urbano nos que se habilitarán novas zonas de lecer para a cidadanía e, fundamentalmente, novos aparcadoiros. Esta futura zona no parque Bouzas sumarase a outras habilitadas, recentemente, polo Concello. É o caso da creada a principios de ano na avenida Anllóns.

Comentarios