Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Cabana vai gravar unha polafía

Cabana vai gravar unha polafía
O Auditorio Municipal de Cabana acollerá hoxe venres, 19 de agosto, a gravación dunha polafía. Comezarán ás 18:00h e todas as persoas que queiran, poden asistir como público. A cita está organizada conxuntamente pola Asociación de Escritores en Lingua Galega e o Concello de Cabana de Bergantiños. Con esta actividade preténdese lembrar a figura do acordeonista José María Álvarez Canto ademais de servir para poñer en valor a rica literatura oral e música tradicional de Cabana. Na xornada desenvolveranse 26 espectáculos distintos que se centrarán na literatura oral e a música tradicional. Haberá representantes das parroquias de Nantón, Cundíns, Cesullas, Canduas, Anos, Borneiro, A Silvarredonda e Riobó. A tarde abrirase coas intervencións de Jacinto Paredes e María  Álvarez, quen lembrarán a figura de José María  Álvarez Canto. Paredes lembrará a figura do mestre acordeonista, dado que el foi o seu alumno. Por outra banda, Álvarez lembrará ao acordeonista José María Alvarez Canto tanto no seu Corme natal como nos salóns de baile da redonda. A música tradicional virá da man de varias agrupacións de gaiteiros, de cantareiras e pandereteiras. As cantareiras do Fol realizarán a representación etnográfica dunha fiada que engalanarán con cantos tradicionais de Bergantiños. As cantareiras de Nantón e de Anos subirán á escena diversos cantos recollidos na Costa da Morte. A representación dos grupos de gaitas recaerá nos gaiteiros de Anos e Borneiro. Tamén actuarán as pandereteiras de Cundíns, dúas pandereteiras maiores que conservan intacto un interesente repertorio musical. A literatura de tradición oral virá da man de regueifas, coplas e poemas populares. Estarán alí catro regueifeiros naturais de Cabana: Fermín Calvo, Raimundo Cousillas, José Rodríguez e Manuel Fariña. Como representante de literatura culta estará presente o poeta de Canduas Óscar de Souto. E xa por último, a música coral estará representada polas corais de Cesullas e Canduas.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Concello de Cabana de Bergantiños.

Comentarios