Martes. 08.10.2024
El tiempo

Abellariza aposta polo deporte na rúa

Abellariza aposta polo deporte na rúa
Directiva da Agrupación Abellariza de Ponteceso Directiva da Agrupación Abellariza de Ponteceso

Non para esta xente da Agrupación Deportiva Abellariza. Despois do éxito da Carreira Popular de Ponteceso, na que colaboraron activamente, onte realizaban unha asemblea para analizar o feito ata agora, e pensar no futuro. Na cita explicaron a todos os asistentes a razón de ser da entidade que é facer chegar a práctica de deportes e hábitos saudables a toda a poboación, a súa condición de apolítica, e os progresos no camiño cara á construción da pista de adestramento para a que terán unha reunión a semana que vén con José García Liñares na Diputación da Coruña.

Tamén repasaron as seguintes actividades que terán lugar de aquí a fin de ano, na que se inclúen dúas charlas, a colaboración co Trail polas Terras do Pondal organizado polo Club Brigantia Aventura, a colaboración coa Carreira que terá lugar na Escola de Verán da Fundación Eduardo Pondal, unha quedada BTT e unha Andaina que procurará distinguirse das habituais.

Como proxecto estrela para 2017, organizarase na primavera a primeira actividade organizada por Abellariza, que consistirá na celebración dun “Día do Deporte na Rúa”, dita celebración conllevará torneos 3x3 de bádminton, baloncesto, vóley, futbol, master class de zumba, master class de pilates, cuxo cometido será facer participar en todas estas modalidades a xente de todas as idades.

Tamén hai tres propostas realizadas polos socios para 2017, unha travesía a nado desde Valarés ata a praia Aréa dás Vacas ida e volta, unha master class de adestramento con TRX, e ata un campamento de verán de patinaje.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios