Xoves. 16.09.2021
El tiempo

Abellariza axúdanos a escoller o mellor calzado para facer deporte

Charla Pés Abellariza
Abellariza axúdanos a escoller o mellor calzado para facer deporte

Este venres 10 de setembro, a Asociación Abellariza organiza na Fundación Eduardo Pondal ás 20:30 horas, unha charla da man de Manuel Mosqueira Ouréns, Director da Clínica do Pé Factor Biomecánico da Coruña e Profesor en programas e formacións de Postgrao. Unha que leva por título "Como elixir o calzado para camiñar e facer deporte".

Segundo os estudos, ata un 70% da poboación sofre problemas nos pés, e moitos deles, están relacionados cunha mala elección do calzado. Coñecer cales son os criterios e as recomendacións no momento  de mercar calzado deportivo ou para ir a camiñar son dúbidas moi habituais. Nesta conferencia poderás resolver cuestións coma estas e preguntar aquelas que precises.

comentarios