Venres. 19.04.2024
El tiempo

Abellariza colle os paus de Marcha Nórdica

Marcha Nordica en Ponteceso
Abellariza colle os paus de Marcha Nórdica

Ponse en marcha de novo, despois de moitos meses de constrición, a Asociación Deportiva Abellariza. E faino con dúas accións vinculadas coa Marcha Nórdica por Ponteceso.

A primeira será este domingo 30 de maio, cunha sesión de iniciación da man gran profesional como é Ricardo Angueira Vázquez, de Marcha Nórdica Galicia, que impartirá un taller de iniciación e unha ruta de 2 horas con supervisión técnica.

Ruta en xuño

Así mesmo, o domingo 13 de xuño xa hai unha andaina de nivel medio convocada. Será una ruta circular con saída desde Ponteceso dirección O Couto, pasando pola Brixería para visitar a fervenza e os muiños, pasar Cerezo e coller camiño dirección Valarés, pasando por varios puntos con paisaxes espectaculares: vistas do Faro de Punta Nariga, Aldea de Corme, Corme, Laxe, Cabana, do Monte da Facha e baixar a Valares e despois volta a Ponteceso.

Inscrición

Podes facer a túa inscrición e/ou consultar as túas dúbidas por medio do correo [email protected] ou enviando unha mensaxe privada polo facebook. A inscripción custa 10€ (seguro incluido), e quedan poucas plazas xa que son limitadas.

Comentarios