Luns. 29.04.2024
El tiempo

A nova senda peonil do Couto estará operativa, por fin, a mediados de 2024

ethel Vazquez e Jose Manuel Mato
A nova senda peonil do Couto estará operativa, por fin, a mediados de 2024

Proxecto de nunca acabar, ou máis ben de nunca empezar, o da senda peonil do Couto. Xa en 2019, tras numerosas peticións da Asociación Monte Branco e a Fundación Eduardo Pondal, a Xunta prometía a construción dunha senda. Ese ;mesmo ano a Xunta presentaba aos veciños o proxecto, e un ano despois o aprobaba.

Pero o proxecto non se levou a cabo a preguntas da veciñanza nos anos posteriores, debido a que tralo proceso de información pública, e tralas alegacións formiladas, decidiuse ampliar o itinerario ata o acceso á última vivenda situada na glorieta de Balarés.

É agora en decembro de 2023 cando a Xunta saca a licitación, por máis de 344.000 euros, as obras da senda na estrada AC-424, unha senda que terá máis de 600 metros de lonxitude: concretamente, pola marxe dereita executaranse arredor de 400 metros, desde o quilómetro 1+100 ata o 1+506. Pola marxe esquerda, a senda acadará os preto de 240 metros, desde o quilómetro 1+140 ao 1+378, dando continuidade ao itinerario actual.

Agora, as empresas interesadas na execución deste proxecto teñen de prazo ata o 22 de xaneiro para presentar as súas ofertas. A partir de aí a Xunta continuará cos trámites administrativos necesarios para levar a cabo a actuación, que ten un prazo de execución de 3 meses, co obxectivo de que estea á disposición dos veciños en torno a mediados de 2024.

A estrada reducirase de 7 a 6 metros, e a velocidade máxima pasará a ser de 40 km/h. A senda afecta a un hórreo de máis de cen anos, polo que foi necesario adaptar a intervención prevista, eliminando a franxa de aparcadoiro para non obstaculizar a visión do hórreo e preservar este elemento patrimonial.

Novas relacionadas

Comentarios