Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Preguntan polo retraso da licitación das sendas de Couto e Xornes

Licitación obras sendas do Couto e Xornes
Preguntan polo retraso da licitación das sendas de Couto e Xornes

Dende decembro do ano pasado está aprobado o proxecto da senda peonil do Couto. Un proxecto anunciado en febreiro de 2019 polo que seguen esperando os veciños da comprometida aldea.

Non hai explicacións para tal retraso e esta semana o Concello de Ponteceso vén de enviar, por terceira vez, unha pregunta sobre os motivos. Despois de non obter resposta as peticións realizadas o pasado 7 de marzo e 21 de xullo, o alcalde preguntou a Axencia Galega de Infraestruturas da Xunta de Galicia, por que segue retrasarse a licitación das sendas nas estradas de Ponteceso de competencia autonómica, do Couto e Xornes.

A de Xornes espera pola segunda fase, polo que o Concello de Ponteceso tamén demanda que se executen varias solicitudes realizadas á Xefatura Territorial da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, para evitar que as vivendas dos veciños de Ponteceso se aneguen coas choivas do inverno, unhas peticións que se levaron a cabo de forma reiterada dende o pasado marzo de 2020.

Novas relacionadas

Comentarios