Xoves. 18.04.2024
El tiempo

O alumnado do IES Eduardo Pondal "carga as pilas" dos maiores do Centro de Día de Cabana

Alumnado do IES Eduardo Pondal
O alumnado do IES Eduardo Pondal "carga as pilas" dos maiores do Centro de Día de Cabana

O alumnado do Ciclo Medio de Atención a personas en situación de dependencia do IES Eduardo Pondal de Ponteceso segue a tecer redes dentro da comarca. Nesta ocasión organizou unha actividade interxeneracional entre o alumnado de 1º da ESO e as persoas usuarias do Centro de Día de Cabana, que serviu como colofón final a un curso no que ambas entidades realizaron actividades en conxunto como o envío de postais de nadal, as visitas para coñecer o día a día de cada un dos centros, e nesta ocasión realizar unha tarde de xogos de mesa, partidas de cartas e conversa, na que aprenderon moito uns e outros.

A atención a persoas en situación de dependencia vai máis alá dos coidados asistenciais, e poñer en valor o acompañamento, o lecer, a posta en valor dos saberes das persoas maiores e a estimulación cognitiva, son fundamentais no bo trato aos nosos maiores. "Todo isto transmitímolo no ciclo medio e queremos realizar tamén unha labor de concienciación comunitaria na nosa contorna máis próxima en especial, na mocidade", explica Cristina Vázquez del Prisco, unha das responsables do Ciclo.

As persoas usuarias do centro, amosaron a súa alegría de compartir estes tempos de xogos porque “cargamos as pilas cos nenos”, e o alumnado comentou que lle gustou moito aprender e ensinar xogos novos, e que o pasaron moi ben porque todas as persoas maiores eran moi simpáticas.

Comentarios