Anllóns prepara as barcazas para a súa simpática Baixada
A familia de Anllóns, en Ponteceso, ten todo preparado para a súa “XV Baixada Ajárrate a lo que poidas”. Este xoves 15 de agosto cumpre 15 anos facendo as delicias de toda a parroquia, cunha festaza no río no que as curiosas barcazas baixan dende a cascada da Saímia ata a Ponte da Garga.
Está permitido calquera artefacto feito a man, pero sen motor, e o obxetivo principal é arrumbar e axudarse entre as numerosas embarcacions para chegar a bo porto, ao campo do Río, onde remata a cousa coas Festas de Anllóns. A diversion na auga garantida.
Hai moita expectación para ver as creacións flotantes deste ano. Ao principio comezaron con flotadores neumáticos ou piraguas, pero pouco a pouco a xente foise animando a construír verdadeias xoias artesanais, que fan as delicias de todos os asistentes, e que remata cunha festa e churrascada.