Luns. 06.05.2024
El tiempo

Risas e molladura na Baixada "Ajárrate como poidas" de Anllóns

Baixada de carrilanchas do Anllons 2023 2
Risas e molladura na Baixada "Ajárrate como poidas" de Anllóns

As festas de San Roque de Anllóns viven o seu punto álxido a tarde do 15 de agosto. A XIV Baixada “Ajárrate como poidas” fixo disfrutar á parroquia no fermoso campo do río, ao carón da Ponte da Garga. Unha máis que agradable cantina circular artellada pola organizadora A.C. Campo do Río serve para dar a benvida aos asistentes, que esperaban a chegada das 6 carrilanchas participantes.

Moitos xa quixeron acompañar polo sendeiro as singulares embarcacións dende a zona da Saimia, onde embarcan para enfrontar o treito do tío ata a Garga, mentres outros esperaban, quinto en man, cheirando xa o churrasco que a organización estaba realizando.

Baixada de carrilanchas do Anllons 2023 4

Comezaron a chegar á meta as singulares embarcacións e as xentes de Protección Civil xa lles tiñan preparados un bo mangueiraso, aos que os “mariñeir@s” de río respondían con cubos de auga. Un barco de barbie, un de pinturas Peón, outros máis pequenos, e por suposto, non defraudaron os Piratas da Saimia, eses que nunca fallan, que tiñan preprarada unha carrilancha do Rei León absoluntamente espectacular con esa histórica matrícula de “La Perla”.

Baixada de carrilanchas do Anllons 2023 5

Baixada de carrilanchas do Anllons 2023 3

Atracadas as barcas, era tempo xa de poñerse algo seco, pedir un churrasquiño e poñerse a bailar con DJ Rokiño, que viña de facer bailar a todo Laxe.

Máis festa

Quedan aínda dous días completos de festa no río.

festas-de-san-roque-de-anllons-ponteceso_2023

Comentarios