Mércores. 01.05.2024
El tiempo

En breve comezarán as obras do novo aparcadoiro de Balarés

Aparcamiento Balarés Ponteceso
En breve comezarán as obras do novo aparcadoiro de Balarés

A Deputación da Coruña adxudicou por 396.800 euros as obras de construción dun aparcadoiro con 395 prazas no entorno da praia de Balarés.

A obra de construción do aparcadoiro, que comezará a principios de 2024, consistirá nunha intervención branda, integrada no entorno ambiental da zona, nunha parcela de máis de 30.000 metros cadrados adquirida pola Deputación e sen afeccións ambientais para o proxecto que se pretende levar a cabo, que eliminará os vehículos que ata agora estacionaban nos laterais da vía principal de entrada á praia, ocasionando dificultades nos accesos e problemas de seguridade. 

O pavimento estará composto por formigón con ocos recheos de terra sobre os que se dispón céspede. 

As obras inclúen ademáis a construción dunha senda peonil de 116 metros de lonxitude e 2 metros de ancho, delimitadas a ambos lados por travesas de madeira,  cunha pasarela-ponte de 4,5 metros para salvar o cauce natural do regato existente na zona.

Comentarios