Domingo. 17.11.2019
El tiempo

A aparición de fendas dun edificio en Ponteceso por en alarma á veciñanza

O edificio é onde estaba antes o super Día
O edificio é onde estaba antes o super Día
A aparición de fendas dun edificio en Ponteceso por en alarma á veciñanza
A aparición de fendas dun edificio en Ponteceso por en alarma á veciñanza

Varios veciños descubrían esta fin de semana unha serie de fendas no edificio do nº49 da Avda. Eduardo Pondal de Ponteceso, unha zona que nunca se libra desta clase de problemas. O baixo do edificio está en obras actualmente.

Inmediatamente contactaron co 112 que enviou unha dotación do GES pontecesán, que asumen o control e a vixilancia da estrutura, ata que os técnicos municipais analicen en profundidade a situación e adopten as medidas necesarias para garantir a seguridade.

O GES pediu aos veciños que permanezan atentos, e mesmo algúns decidiron pasar a noite noutra vivenda.

Comentarios