Venres. 29.03.2024
El tiempo

As matemáticas son unha "lata" en Ponteceso

As matemáticas son unha "lata" en Ponteceso

O IES de Ponteceso quere que lle deamos a lata. Si, si, tal cual. O Instituto está a recoller latas para realizar unha intervención educativa e artística pola Semana Cultural, desta volta adicada ás matemáticas. E para iso, precisan, nada menos que 3.267 latas. A día de hoxe as latas xa van invadindo o patio, e ata a biblioteca pois xa son máis de 1.200 as que agardan ser recicladas para formar un fractal, o "triangulo de Sierpinski".

E se este luns comeza unha nova Semana Cultural, con actividades varias, o proxecto das latas manterase vivo unhas semanas para conseguir reciclar todas as latas necesarias. O asunto vai de matemáticas, e a idea é recuperar ao matemático polaco Waclaw Sierpinski, que foi o inventor deste fractal.

O proxecto é precisamente construir un fractal, un triángulo recurrente, con latas. Paso a paso. "Primeiro facemos un de 3 (interación 1); logo un de 9 (iteración 2); logo unimos tres de nove e facemos un de 27 (iteracion 3); logo xuntamos e facemos un de 81 (int. 4)... así ata que as 3.267 formen un triángulo de Sierpinski", como nos contan dende o centro.

Das medidas do triángulo aínda non podemos valorar, pero de seguro que será un bo triángulo. Colocarase nunha fachada exterior do instituto, e dará pé a unha exposición sobre fractais de cara á semana cultural. Para iso tamén colaborarán os compañeiros do Ciclo de Auto, que pintarán as latas no taller de carrozaría.

Pois ala, a LATAR, que como ben indica o dicionario da real academia de Ponteceso, significa ir ao cole cunha lata.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios