Mércores. 17.04.2024
El tiempo

Arranca unha campaña nas redes sociais para a posta en valor do comercio local de Ponteceso

Arranca unha campaña nas redes sociais para a posta en valor do comercio local de Ponteceso

A Asociación de Empresarios de Ponteceso levará a cabo durante os próximos meses unha campaña de promoción na Internet co obxectivo de seguir fomentando e de poñer en valor ás empresas e profesionais da vila pontecesá.

Así, baixo o lema ‘Suma en Ponteceso’, a entidade quere concienciar á xente da vila, e arredores, sobre a importancia de mirar, de valorar e de mercarlle aos seus veciños polo ben do futuro da súa terra. Esta nova idea tamén busca concienciar ás propias empresas sobre a necesidade de crear un tecido empresarial e social forte, sobre o que traballar para ese futuro.

A campaña consistirá na publicación de contidos nos perfís sociais de Facebook e Instagram, creados recentemente para este fin, que se irán alimentando de fotos, vídeos e novas que poñan en valor as vantaxes do comercio local, e que nomeamos a continuación: 1. Crear postos de traballo para a xente de Ponteceso e de preto de Ponteceso; 2. Crear postos de traballo = fixar poboación e mirar polo futuro da comarca; 3. Facer de Ponteceso un lugar cheo de empresas, de servizos, isto é, un lugar máis atractivo para vivir; 4. Facer comunidade. Empresas máis fortes, xente que pode traballar aquí, xente que aposta por quedar aquí..., futuro; 5. Trato persoal. Somos “María” e “Pepe”, non o cliente número 1.345 do mes; 6. Coidar do medio ambiente. A vida no rural, apostar polo desenvolvemento en lugares pequenos, prescindir do coche a diario, etc.

Acto de presentación

A Asociación de Empresarios de Ponteceso acolleu este martes pola mañá a presentación desta nova campaña de posta en valor do comercio local. No acto estiveron presentes o presidente da Asociación de Empresarios local, Juan José Merino, o vicepresidente, Rubén Naya, e o tesoureiro, Borja Canto. En palabras de Merino: “A idea da campaña é dar a coñecer as vantaxes que ten mercar no pequeno comercio desde un punto de vista positivo, porque nos daba a sensación de que sempre se pon máis énfase nas cousas negativas no canto de resaltar os puntos bos que teñen os comercios e empresas de servizos locais. Así, queremos darlle visibilidade a todas esas empresas e empresarios locais que se animaron a emprender no rural”.

Establecementos participantes

Nesta campaña participan un total de 72 establecementos de diferentes sectores: A Bordo, A Escola do bardo, A Tenda dos Libros, Almacenes Ordóñez, Aluponte, Andreka, Apligasa, Arautos, Autocares J. Pombo, Axuste Gráfico, Bar A Eira, Bar Abeiro, Bar O Cruce, Bar Raxería Aduana, Bar Rosalía, Brigantia Fisoterapia, Cafetería Madison, Carfin, Carlos Busto SL, Carnicería Eusebio Martínez, Carnicería O Relleno, Carrocerías

Rey y Otros, S.C,, Casa Eiroa S.C., Centro Veterinario Ponte, Cervecería Faldra Folk, Clínica Dental J. Ramón Bazas, CoutoSegur S.L., Deindo Ideas S.L., E.S. Magabás S.L., Electrodomésticos Santos, Estanco A Trabe, Farmacia Fernando Rodríguez Uriarte, Ferretería Mato, Floristería Flor y Campo, Gespyme Ponteceso Asesores S.L., Gontad Seguros, Grupo Mariño Obras y Servicios S.L., Imaxen Bienestar y Belleza, Imprenta Ponteceso, Instal.Elec.Etitex, M&C Rivesper, Maquinaria de Jardinería Rial SLU, Meninas Lencería y Complementos, Naya Clínica Veterinaria, O Tendal, Óptica A Trabe, Panadería Forniños, Panadería Lita, Paquetería La Nueva, Parafarmacia Horizonte, Peluquería Marisol, Peluquería y Estética A Nova, Pescadería Barrena, Petit Moda Infantil, Pinturas Peon, Piruleta, Restaurante A Pescaderia, Pinturas Peon, Piruleta, Restaurante A Pesqueira, Reymira S.L.U., Rivera Motor, Royale TYM Pension Teyma, Santy Fotógrafo, Supermercado Diana Rivera, Syryl, Talleres Ezgocar, Talleres Antonio Sousa, Talleres García Ordóñez, Textil Fogar Sandra, Todolar, Vistete Kids, Xoiería Romar e Zapatería La Pesqueira.

Comentarios