Avanza a creación do polémico aparcamento na braña de Balarés
Avanza a bo ritmo o aparcamento de Balarés. Un aparcamento que permitirá crear 400 prazas de aparcamento nun dos areais máis visitados na comarca, e que supón 400.000 euros de investimento provincial.
Ben é certo que a praia e o agarimoso piñeiral pontecesán énchese cada verán (máis ben cada fin de semana do verán). Ben é certo que o tráfico debería estar restrinxido na zona do porto e do chiringuito, pero quedan aínda dispoñibles a zona de aparcamento de enriba do piñeiral, todo o lateral da estrada ata a rotondiña do final, ademais da agra na que a día de hoxe aparcan numerosas autocaravanas, que está cedida por un veciño, e que ciun par de modificacións podería servir perfectamente de aparcamento público.
Pero o goberno de Carballido, co financiamento da Deputación, decidiu utilizar máis de 30.000 euros dunha zona de braña, na que aseguraron que non contaba con restricións medioambientais a pesar de estar a 300 metros da area, e na que se colapsaron a base de cemento numerosas fontes de auga naturais.
A vía de entrada terá que ser pola estrada (que deberá ser ampliada, ademais) que pasa por diante de dous negocios de turismo rural que hai na zona, abrindo unha pasarela peonil na parte máis cercana á estrada principal.
As obras comezaron en maio, e contan con 6 meses de prazo de execución, mentres o que chaman “intervención branda perfectamente integrada no entorno ambiental da zona", supón unha illa de cemento nunha contorna natural de inmenso valor.
Máis novas
- Abril 24: Comezaron as obras do aparcamento de Balarés.